Vigo al día

Centos de persoas maniféstanse en Vigo para esixir o mantemento dun sistema público de pensións que garanta o seu cobro hoxe e no futuro

Imaxe:vigoalminuto/Centos de persoas saíron á rúa este martes en Vigo atendendo a unha convocatoria da CIG que baixo o lema ‘En defensa dos nosos dereitos’, partiu preto das 7 e media da tarde do cruzamento de Vía Norte con Urzaíz.

A de Vigo é unha das 22 manifestacións convocadas en toda Galicia para esixir un o mantemento dun sistema público de pensións que “garanta que se cobren hoxe, mais tamén no futuro”.

Esta reivindicación é un dos argumentos que xustifican a  convocatoria de Folga Xeral para o vindeiro 19 de xuño, feita pola central nacionalista entendendo que é “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os “dereitos roubados” da clase traballadora galega.

Os manifestantes sumaron as súas voces para o PP non siga a facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas e o seu intento de vendernos un acordo que recollerá nos Orzamentos a suba das pensións, coma se con iso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas de 2011 e 2013, e as reformas laborais, e as políticas económicas e sociais aplicadas”.

También te puede interesar