Vigo al minuto

Centos de persoas maniféstanse en Vigo para esixir o mantemento dun sistema público de pensións que garanta o seu cobro hoxe e no futuro

Imaxe:vigoalminuto/Centos de persoas saíron á rúa este martes en Vigo atendendo a unha convocatoria da CIG que baixo o lema ‘En defensa dos nosos dereitos’, partiu preto das 7 e media da tarde do cruzamento de Vía Norte con Urzaíz.

A de Vigo é unha das 22 manifestacións convocadas en toda Galicia para esixir un o mantemento dun sistema público de pensións que “garanta que se cobren hoxe, mais tamén no futuro”.

Esta reivindicación é un dos argumentos que xustifican a  convocatoria de Folga Xeral para o vindeiro 19 de xuño, feita pola central nacionalista entendendo que é “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os «dereitos roubados» da clase traballadora galega.

Os manifestantes sumaron as súas voces para o PP non siga a facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas e o seu intento de vendernos un acordo que recollerá nos Orzamentos a suba das pensións, coma se con iso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas de 2011 e 2013, e as reformas laborais, e as políticas económicas e sociais aplicadas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.