Ciencia y Tecnología Vigo al día

75 residentes rematan a súa formación coma especialistas, médicos e enfermeiras, na Área Sanitaria de Vigo

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu o acto de despedida dos 75 residentes que concluíron este ano o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras.

Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos. Así, 2 son xa especialistas en Análises Clínicas; 1 en Anatomía Patolóxica, 4 en Anestesia e Reanimación, 1 en  Anxioloxía e Cirurxía Vascular; 1 en Aparello Dixestivo; 1 en  Cardioloxía; 1 en Cirurxía Cardiovascular; 3 en Cirurxía  Ortopédica e  Traumatoloxía; 1 en Cirurxía Torácica; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 1 en Endocrinoloxía e Nutrición; 2 en Farmacia Hospitalaria; 1 en  Hematoloxía e  Hemoterapia; 1 en Medicina do Traballo; 12 en Medicina Familiar e Comunitaria; 3 en Medicina Interna; 1 en Medicina Nuclear; 1 en  Nefroloxía; 1 en  Neuroloxía; 2 en Obstetricia e  Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 1 en  Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 1 en  Pneumoloxía; 2 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 3 en  Radiodiagnóstico; 1 en  Radiofísica Hospitalaria; 1 en  Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 5 especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria , 3 máis en Enfermería Pediátrica, 2 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, e 4 matronas especialistas.

A  Área Sanitaria de Vigo ten, nos distintos cursos de formación de especialistas, a 278 graduados en distintos anos. Deles, 214 son residentes no  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), 6 fórmanse en Medicina do Traballo, e outros 58 fano tanto en medicina como en enfermería Familiar e Comunitaria.

O acto de despedida estivo presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Rubial, que felicitou en primeiro lugar aos novos especialistas, aos que animou a “empregar a formación recibida en manterse comprometidos cun dos piares fundamentais do estado do benestar como é a sanidade pública e universal”. Ademais, o doutor Rubial subliñou que “contamos xa nestes momentos cun grupo importante de formadores que dedican boa parte do seu tempo para achegar os seus coñecementos para os novos especialistas”, en referencia ao importante cadro docente co que xa conta a Área Sanitaria Vigo.

También te puede interesar