Galicia Sucesos

17.000 xuízos e actos xurisdicionais víronse afactados pola folga na Xustiza de Galicia

Miguel Ángel Cadenas, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estima que o total de xuízos e actos xurisdicionais que se viron afectados pola folga de funcionarios da administración de Xustiza en Galicia está preto dos 17.000, segundo declarou á Radio Galega.

Cadenas sinalou que, por provincias, a da Coruña é a mais afectada, seguida de Pontevedra e, no mesmo nivel de incidencia do paro de estes tres meses, estarían as de Ourense e Lugo.

También te puede interesar