'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Abel, hai unha carta para ti

O Goberno de Galicia vén de remitir unha carta na que solicita ao Concello de Vigo a súa incorporación ao Plan de Transporte Metropolitano “no nome dos municipios integrantes na mesma”.

Deste xeito, sinala a Xunta, “da cumprimento ao acordo unánime da Comisión de seguimento da area de transporte de Vigo, celebrada o pasado 2 de maio, e na que se abordou conxuntamente a situación xerada coa posta en servizo da tarxeta Pass Vigo e a sentenza que anula cautelarmente o requisito de empadroamento para acceder á mesma”.

A Xunta lémbralle ao alcalde o “éxito do Plan de transporte na área de Vigo, que nos seus tres anos de funcionamento, permitiron bonificar máis de 8,5 millóns de billetes de autobús e barco, e na que dispoñen da tarxeta máis de 52.000 veciños da área, e preto de 11.000 mozos son titulares da tarxeta Xente Nova, coa que realizan viaxes interurbanas de balde”.

Explícalle a Abel Caballero que no conxunto dos concellos integrados na área de transporte metropolitano, e tamén no termo municipal de Vigo, “hai unha demanda cidadá moi relevante en relación con esta iniciativa social que permite acadar descontos de ata 600€ ao ano nos desprazamentos cotiáns”. 

Non obstante, engade, “dado que o transporte urbano de Vigo non estaba integrado no Plan, os cidadáns vense privados dos transbordos gratuítos co autobús urbano que si poden ter o resto de cidades que forman parte do programa. Desta forma, os vigueses perden a oportunidade de aforrar 400€  adicionais ao ano no emprego do transporte público”.

Por ese motivo, tanto a Xunta como os 12 concellos que integran a Área de Transporte, non deixan de apostar pola incorporación do Concello de Vigo a este Plan, sinalando que sería unha excelente noticia que o concello retome os compromisos asinados no 2016 para facelo nas mesmas condicións que o resto de Concellos, e que o Goberno local anulou posteriormente no 2017.

También te puede interesar