'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

@galizaCIG convoca folga xeral en Galicia para o vindeiro 19 de xuño

Imágen:vigoalminuto/O 19 de xuño é a data elixida pola CIG para a convocatoria dunha folga xeral en Galicia á vista da empobrecemento e a precariedade no que están vivindo xa os traballadores polas decisións do PP que, subliñan dende o sindicato, “están a facer crónicas as desigualdades e a pobreza no noso país”.

O secretario xeral da central, Paulo Carril, pediu antes do inicio da manifestación central da CIG de este 1º de Maio, que saíu do Gregorio Espino con Urzaíz, á que asistiu a líder do BNG Ana Pontón, que UXT e Comisións Obreiras saiban estar á altura do que demandan os traballadores e se sumen a este paro xeral.

También te puede interesar