Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Premio nacional para a consulta telemática entre Reumatoloxía e Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo

e-interconsulta ou consulta telemática implantada na  Área Sanitaria de Vigo entre o servizo de Reumatoloxía, situado no Hospital do Meixoeiro, e Atención primaria recibiu un recoñecemento a nivel nacional pola súa innovación na práctica asistencial. A distinción produciuse no transcurso da segunda edición dos “Premios á Innovación no Ámbito Sanitario”, que convoca a Universidade de Alcalá de Henares.

“A e-interconsulta permite ao médico de Familia enviar telemáticamente ao reumatólogo, para a súa valoración, os datos do paciente, a súa historia clínica e as probas realizadas ata ao memento. Será o reumatólogo quen decida a necesidade de novas probas complementarias ou que o paciente sexa derivado  a súa consulta”.

Así o explica o doutor José María Pego,  reumatólogo do  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e coordinador do Grupo  IRIDIS (Investigación en Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-Mediadas) do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). O doutor Pego e a doutora  Elena Lorenzo, actualmente Directora de Procesos sen Ingreso e Urxencias da Área viguesa, son os investigadores principais do mencionado proxecto, no que tamén participan os servizos de Calidade da área sanitaria viguesa.

Melloras en diagnósticos e tratamentos

Dacordo cos resultados experimentados desde a implantación da  teleconsulta, rexístranse importantes vantaxes tanto desde o punto de vista asistencial como para o propio paciente.

En primeiro lugar, o coñecemento temperá do caso polo reumatólogo permite acurtar o tempo de atención daqueles pacientes prioritarios como poden ser os que padecen  artrites/espondiloartrite de inicio ou  as enfermidades reumatolóxicas  autoinmunes  sistémicas (lupus  eritematoso  sistémico, esclerodermia, síndrome de  Sjögren, ou vasculite, entre outras).

En segundo lugar, a capacidade de resolución polo especialista de Reumatoloxía dunha porcentaxe de casos (fundamentalmente, no ámbito da osteoporose) sen necesidade de desprazamento do paciente, baseada na correcta información clínica e  diagnóstica achegada polo facultativo de Atención primaria.

E en terceiro lugar, o aumento do grao de resolución na primeira visita presencial do paciente á consulta do reumatólogo.

También te puede interesar