Comarcas

Axentes da Policía Local de Redondela rescatan a 6 cachorros que alguén tirara ao lixo

Axentes da Policía Local de Redondela desprazáronse ao Alto dos Tras, en Cesantes logo de recibir o aviso dun veciño que cando se dispoñía a botar unhas botellas ao colector de vidro “escoitou chorar a uns cachorros”.
Logo de varios intentos, os axentes conseguiron rescatar a 6 cans con poucos días de vida do fondo do contedor.

Descoñécese de que raza son os animais que foron entregados a unha asociación que está na procura de persoas dispostas a adoptar a estes cachorros que aínda se alimentan por biberón.

También te puede interesar