Galicia

@En_Marea anuncia o seu respaldo ao paro convocado por estudantes galegos para o xoves, día 19

En Marea vén de anunciar que respalda o paro que o estudantado galego ten convocado para o xoves, 19 de abril. A formación entende que “as reivindicacións propostas para conseguir un ensino superior laico, feminista e para todas e todos son básicas e deben ser tidas en conta; e chama á participación da comunidade universitaria nas mobilizacións”.

Tamén secunda En Marea as petición do estudantado en relación ao incremento das bolsas. A formación ve básico incrementar a súa contía; pero amén adaptar o protocolo de concesión á realidade da propiedade en Galicia, «de éxito que cousas como ter un alpendre ou unha leira non afecten á posibilidades de ter unha bolsa», tal e como explica a deputada Luca Chao.

En Marea tamén pon enriva da mesa a necesidade de habilitar bonos transporte. Actualmente «non se ten en conta o custo enorme que ten para os estudantes universitarios moverse dun sitio a outro de Galicia». Por iso a formación aposta por seguir un modelo de prezos reducidos que xa existe noutras partes do Estado, como Euskadi.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.