Vigo al día

O Concello quere que nun ano estea rematada a oferta de nove ‘macro parques infantís’ en todo Vigo

O Goberno local aprobou a clasificación de ofertas na contratación das obras de ampliación do parque infantil da Praza Independencia e as vindeiras semanas, cun orzamento de 200.000 euros, arrancará a obra que estará rematada nun prazo aproximado de tres meses.

Esta mellora súmase as outras oito que tamén se realizrán noutros tantos parques no prazo dun ano. Os traballos do parque de Venezuela estarán rematados nun mes, mentres que o de Navia xa está contratado. Pendentes de adxudicación están as áreas infantís de Barreiro e Pedro Alvarado.

Respecto da actuación prevista en Bouzas, xa está en tramitación, unha vez recibida a autorización de Patrimonio. Os tres restantes, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente y Maruja Mallo están en fase de elaboración do proxecto.

También te puede interesar