Comarcas

Salceda inviste preto de 340.000€ do Plan Concellos da Deputación á mellora de estradas e camiños no rural

O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar as solicitudes de investimentos a realizar dentro do Plan Concellos 2018 da Deputación Provincial. Nesta ocasión “o Concello vén de facer unha forte aposta pola mellora da rede viaria do rural”, para o cal reserva un total de 339.265,35 €, que se destinarán as estradas nas diferentes parroquias, priorizando aqueles casos que os veciños e veciñas e as diferentes asociacións foron solicitando.

Nas vindeiras semans acometeranse os traballos na estrada que une os barrios da Laxe e o Pazo (San Xurxo e Picoña), a mellora da estrada entre o Borraliño e Pantel (Soutelo – Parderrubias) ou da subida ao Centro Cultural da Feira na parroquia de Santa María., ademáis de arranxo de camiños como o de Pegullal- Altamira (Santa María), Fontán – Igrexa (Parderrbias) ou Alto do Cairo (Soutelo).

 “Seguimos a facer importantes investimentos no rural. Este ano gran parte do Plan Concellos irá destinada á mellora co obxectivo de continuar construíndo a Salceda que soñamos entre todos e todas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.