Galicia Sucesos

Un morto e 106 feridos nas estradas galegas a pasada Semana Santa

O 061 asistiu durante a fin de semana a 107 persoas debido a 82 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado mércores, día 28 e as 12 menos un minuto da noite do domingo 1 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 107 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 82 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 107 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 106. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en sete sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 86 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en cinco ocasións.

En 91 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

También te puede interesar