RGPD - Cookies
Galicia

185.103 persoas estaban anotadas nas listas do paro en Galicia en marzo, 3.104 menos que o mes anterior

O número de galegas e galegos anotados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en marzo en Galicia en 3.104 persoas, un 1,65% con respecto a febreiro, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, difundidos este martes.

Os devanditos datos sinalan que nos últimos 12 meses, preto de 25.000 persoas deixaron de estar nas listas do paro en Galicia o que supón un descenso do 11,8%  neste tempo. A finais do mes pasado había 185.103 persoas rexistradas coma desempregadas nno antigo INEM.

También te puede interesar