'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas denuncia o «silenciamento» das súas reivindicacións polos medios de comunicación galegos

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas vén de denunciar o silenciamento por parte dos medios de comunicación galegos as súas reivindicacións en favor do Sistema Público de Pensións.

“Silenciamento, tanto das concentracións, como charlas como actuacións a nivel estatal”. Ao seu xuizo “queda claro que o Goberno da dereita da Xunta é o mesmo que Goberna en Madrid e que por iso mésmo os medios de comunicación comprados polo capital , non nos dá voz en ningunha das súas plataformas”.

O movemento galego en defensa das pensións subliña que seguirá loitando  dende a base para modificar a situación actual e adianta que o vindeiro sábado, día 17 de marzo, sairá de novo as as rúas galegas “reivindicando un Sistema Público de Seguridade Social Digno e Universal”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.