Comarcas

O Concello de Redondela asinou 11 convenios de colaboración con empresas da zona que conqueriron a contratación do 95% das personas desempregadas que participaron neles

A Concellaría de Benestar Social de Redondela, dirixida pola tenente de alcalde María del Carmen Amoedo, artellou medidas conxuntamente con empresas da contorna da vila para facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas desempregadas, reforzar a súa formación e mellorar as súas posibilidades de ocupación.

O ano pasado, co obxectivo de ofrecer unha formación especializada e con demanda no mercado de traballo, o Goberno local levou a cabo un total de 11 Convenios de Colaboración de prácticas non laborais con empresas do sector do metal: automoción e caldeirería, nos que participaron un total de 39 persoas anotadas na Bolsa Municipal de Emprego e 37 foron contratadas polas empresas.

No que vai deste 2018, o Concello de Redondela vén de asinar un convenio cunha empresa do sector da automoción no que participan 10 persoas e, en próximas datas, estará en marcha outro, no mesmo sector, no que participarán 15.

“Estamos a facer un importante esforzo traballando en diferentes eidos: Planes de Emprego, Obradoiros de Emprego, Convenios de Colaboración con empresas, traballo directo coa nosa Bolsa de Emprego, asesoramento a veciñas e veciños desempregados…unha xestión que fixo que Redondela pechase 2017 sendo o concello pontevedrés de mais de 10.000 habitantes con menor taxa de paro”, salienta María del Carmen Amoedo, quen engade que “queda moitísimo por facer e envorcaremos todo o noso labor nesta dirección: lograr que sega a aumentar o número de redondeláns que teñen traballo”.

También te puede interesar