Galicia

Os traballadores de Maderas Iglesias agardarán ata xuño por un plan de viabilidade da empresa

O comité de Maderas Iglesias amosouse “disposto a darlle unha marxe de confianza á dirección e agardará até o mes de xuño para que presente un plan de viabilidade”. Segundo indican dende a CIG, a proposta da compañía, que conta co apoio da Administración, foille trasladada este xoves á representación do cadro de persoal durante a xuntanza celebrada na sede do Igape en Santiago.

A dirección de Maderas Iglesias trasladou durante a reunión que precisa até o mes de xuño, data na que remata o ERE, para elaborar un plan de viabilidade que garanta a continuidade da empresa.

A proposta, que conta co beneplácito da Xunta, “foi aceptada polo comité sempre e cando a compañía manteña o pago de salarios ao día” -xa liquidou as débedas pendentes cos traballadores, a excepción da paga extra de decembro-, que o ERE sexa equitativo e que a empresa non aproveite para vender maquinaria ou para desmantelar as instalacións. “De feito, acordouse que antes de tomar calquera decisión nese senso deberá comunicarllo aos traballadores».

Aínda así, dende o Comité indican que “fixouse un prazo de 15 días para comprobar se a compañía ten vontade de cumprir a proposta e para abordar coa Administración o cumprimento das condicións do ERE”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.