Comarcas

@ArboConcello remata a mellora do Camiño do Poste-Barcela e adxudica a pavimentación do acceso á Igrexa de Santa María de Arbo

Co obxectivo de contribuir á dinamización do rural, o Goberno local de Arbo adxudicou as obras de Mellora de Pavimentación en Camiño de O Poste, parroquia de Barcela. As mesmas xa rematadas, tiñan por  obxeto “mellorar o estado de algunas das infraestructuras viarias existentes no concello”, amais do desenrrolo da actuación e a pavimentación e mellora dos camiños públicos municipais, realizar o desbroce e limpeza do camiño retirando toda a vexetación, limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, de beiravías e regularización de firme.

Agora as obras que se pretenden levar a cabo son reparar muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento  e colocación de tuveria  nova.

Ademáis, acometerase a canalización de pluviais- con colocación de tubaxes, sumidoiros, a conexión dos servizos xa existentes e a pavimentación das zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación das beiravías- así como a  colocación de balaustrada na zona do muro.

O Concello de Arbo vén de obter para esta obra unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER-, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” de 53.538,87€, estimándose o prazo de excecución do contrato en 3 meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.

Según manifesta o alcalde, Horacio Gil,  “con estas actuacións, o Concello de Arbo, pretende seguir na mesma liña que leva adoptando dende a súa chegada o goberno, de mellorar os servizos en infraestructuras e camiños municpais, para facilitar os veciños e veciñas de Arbo unha maior comodidade”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.