RGPD - Cookies
Galicia

@CIGVigo convoca folga indefinida en Faurecia para rexeitar que se aplique a cada traballador unha «rebaixa salarial de 1.740€»

A CIG decidiu convocar folga indefinida en Faurecia-Asientos de Galicia, empresa do sector da automoción con sede no polígono vigués de Valadares, para “rexeitar a decisión da compañía de aplicar unha rebaixa salarial de 1.740€ a cada traballador”. Os delegados da central reclámanlle á dirección que deixe sen efecto o pactado con CCOO, UGT, CGT e CSIF porque hai previsión de carga de traballo e tendo en conta que obtivo importantes beneficios no último exercicio fiscal.

Dende a sección sindical da CIG en Faurecia explican que o pasado 31 de xaneiro mantiveron unha xuntanza extraordinaria coa empresa para abordar a baixada de soldos pactada para 2018. “Ante o aumento da carga de traballo anunciada por PSA, que vai fabricar 60.000 coches máis, solicitámoslle á dirección que non aplique o desconto salarial”, indican, ao tempo que lembran que a compañía obtivo beneficios de máis de 17 millóns de euros no último exercicio fiscal.

También te puede interesar