Galicia Sucesos

A neve obriga a usar cadeas para circular pola autovía A-6, entre Lugo e A Coruña

E.G/A neve está a causar incontabeis problemas na circulación en Galicia, especialmente na provincia de Lugo. Dende este mércores pola mañá, hai que usar cadeas para poder transitar pola autovía A-6, que comunica as cidades de Lugo e A Coruña, e tamén pola A-8.

Na primeira delas está prohibida a circulación de camións e o perigo é extremo entre os quilómetros 500 e 529, segundo ven de advertir a Dirección Xeral de Tráfico na súa páxina web.

Así mesmo, vén de anunciarse que a A-8, entre  quilómetros 530 e 560, á altura de Mondoñedo, está en nivel amarelo, tanto pola neve que está a caer coma pola néboa que fai moi complicado rodar por esta vía.

Segundo indica a Deputación, aínda que os concellos máis afectados pola neves son, de novo, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Negreira de Muñiz-con ata 15 centímetros de acumulación– tamén hai moitos problemas en Ourol, Taboada, Vilalba, Muras, Triacaltela, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Quiroga, Pedrafita, Baleira, O Courel, Becerreá, O Incio e As Nogais.

También te puede interesar