Destacados

@ConcelloNigran aproba aumentar hasta os 225.000€ o orzamento da Axuda a Domicilio

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou, a proposta do Goberno local, aumentar en 60.000 € o orzamento base de contratación do servizo de axuda a domicilio ata chegar aos 225.000€. Este acordo permite que os técnicos municipais continúen coa tramitación do expediente de contratación do servizo, xa que a concesión administrativa outorgada á empresa Atendo no 2016 expira xa no mes de maio.

A esta suba de 60.000 € nesta partida se engade á de 20.000 € realizada no ano 2016 o que supón un aumento de 80.000 € (35,5%) en só dous anos. «O obxectivo deste incremento é que a calidade do servizo que ofrezan as empresas sexa excelente e, ao mesmo tempo, chegar a máis usuarios. Trátase dun asunto clave na política social deste goberno no que non se poden escatimar os cartos», defende o alcalde, Juan González.

A previsión dos Servizos Sociais do Concello é que no ano 2018 se asignen 19.896 horas aos usuarios da axuda á dependencia e 3.700 aos de libre concurrencia (non cubertos pola Ley de Dependencia).

O servizo de axuda no fogar inclúe intervencións de carácter persoal, doméstico, socio-educativo ou preventivo que levan a cabo persoal cualificado con supervisión técnica directa dos servizo sociais do Concello. Así, unha traballadora pode axudar a levantarse ou deitarse ao dependente, ocuparse da súa hixiene ou alimentación, acompañalo a consultas ou tratamentos, limpeza e compra na vivenda, lavado de roupa… Ou prestar atención de carácter psicosocial e educativo, socialización, servizo de podoloxía ou fisioterapia…  En ningún caso o tempo de atención aos usuarios pode ser menor a 30 minutos diarios.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.