RGPD - Cookies
Destacados

Convocada folga indefinida na recollida do lixo de Nigrán

O cadro de persoal de Cespa-Ferrovial, concesionaria do servizo de recollida do lixo do Concello de Nigrán, decidiu convocar folga indefinida a partir do luns día 12 para rexeitar a proposta da empresa de rebaixar os salarios un 7%. A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, intervirá este xoves no Pleno municipal para explicar o conflito laboral.

Segundo os representantes sindicais, “ademais desta importante baixada de soldos, os plans da compañía pasan tamén por aplicar unha serie de recortes que provocarán un empeoramento do servizo que se lle presta á cidadanía”.

CIG-Servizos advirte de que “Cespa-Ferrovial pretende eliminar até 100 contedores, reducir as zonas de limpeza e eliminar a quenda de noite”, o que na opinión da representación sindical se traducirá tamén nunha redución da contratación de persoal.

También te puede interesar