Comarcas

@depo_es aproba destinar preto de 1,3 millóns para que 9 concellos da provincia poidan contratar a 135 persoas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a primeira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”.

Cuntis, Mondariz-Balneario, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa son os primeiros municipios en recibir recursos da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

O goberno de Carmela Silva aprobou destinar a estes nove concellos 1.292.184€ para a contratación de 135 persoas para desempeñar diferentes tarefas nas dependencias municipais. Máis polo miúdo, Cuntis, con 122.623€ vai contratar a 12 persoas para tarefas relacionadas co asfaltado, condución de retroescavadora, enxeñería técnica agrónoma, protección civil, albanelería e turismo.

O concello de Mondariz-Balneario, con 56.143€ vai contratar a 12 persoas que desenvolverán tarefas de construción e forestais. Pola súa banda, o concello de Oia recibirá 99.899€ para a contratación de 9 persoas para a recollida do lixo, manexo de maquinaria forestal e retroescavadora, así como para tarefas de albanelería e forestais.

O Rosal recibirá da Deputación 127.360€para a contratación de 15 persoas para o desempeño de obras para a revalorización de espazos públicos, para actuacións en materia de electricidade, limpeza e recollida do lixo, tarefas forestais e axuda no fogar. En canto a Salceda de Caselas, as achegas da institución provincial son de 146.997€ para a contratación de 9 persoas que desenvolverán tarefas de recollida do lixo, orientación laboral, albanelería, limpeza, animación sociocultural e administración.

Pola súa banda, o concello de Salvaterra de Miño, con 165.010€ poderá contratar a 22 persoas para traballar na recollida do lixo e limpeza, para a información turística, fontanería, animación sociocultural, condución, cobro, construción e albanelería así como para a práctica deportiva.

No caso de Vila de Cruces, o goberno de Carmela Silva aprobou destinar 140.497€ para a contratación de 10 persoas para desempeñar tarefas relacionadas coa albanelería e obras, forestais e xardinería, administración e conserxería. Vilaboa, pola súa parte, recibirá 114.382€ para contratar a 10 persoas para desenvolver tarefas forestais, obras públicas e albanelería, condución e carpintería, pintura e limpeza.

Amais, a Deputación de Pontevedra tamén destinará 319.269€ para o concello de Vilagarcía de Arousa para a contratación de 36 persoas para desenvolver tarefas de administración, animación deportiva, albanelería, forestais, pintura, instalacións eléctricas, carpintería, fontanería, soldador/a, conservación de parques urbanos e xardíns, sepultureiro/a e axudantes de mantemento de instalacións deportivas.

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas esta mañá en Xunta de Goberno para os concellos de Cuntis, Mondariz-Balneario, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, está distribuída o 13,54% da liña 3.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.