'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

Impulsan dende Vigo unha ‘Campaña de Alegacións Colectivas ao Decreto da RISGA’ da Xunta

A finais do ano pasado o Goberno de Galicia penduraba no seu portal web o borrador do decreto que desenvolve a lei da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e abría un período para presentar alegacións que finaliza o vindeiro día 19 deste mes de xaneiro.

Distintos colectivos e asociacións elaboraron unha proposta de alegacións, que animan a presentar nos rexistros da Xunta antes dese día 19 a “todas aquelas persoas comprometidas coa xustiza social”, facendo algo tan doado como “encher os teus datos e asinar”.

“Fronte a «esmola social» da RISGA e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecemento nin a desigualdade. Fronte a isto propoñemos un novo dereito: a Renda Básica das iguais que garanta, xunto a outras medidas, unha vida digna para todas as persoas”.

Na transición cara ese novo dereito estas asociacións e entidades propoñen unha serie de medidas de urxencia:

Contía digna, de xeito que ninguén cobre menos de 890 €/mes –a metade da renda per cápita da Galicia, dividida entre todas as persoas residentes no país-, así como a eliminación do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM)que leva 6 anos conxelado.

Dereito para aquelas persoas que residan en Galicia, con indepencia do seu pasaporte e situación administrativa.

Brevidade e simplicidade na tramitación: as resolución as fai a Xunta, sen pasar polos servizos comunitarios dos concellos, e ten que estar resolta nun prazo máximo dun mes dende a solicitude.

Compatibilidade con axudas e prestacións (PNC, Axuda familiar, RAI…) de contía inferior mentres non desaparezan.

A alegación pode descargarse premendo aquí e pódese enviar enchendo o formulario na web da Xunta, metendoa a través do Rexistro da Xunta ou remitindola ao enderezo electrónico [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.