Galicia

Alerta por nevadas «significativas»nas montañas de Lugo e Ourense

Galicia verase afectada ao longo deste martes por unha borrasca que deixará ventos fortes do suroeste e «nevadas significativas» nas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense.

Meteogalicia adianta un aviso amarelo nas zonas de montaña de Ourense e Lugo, onde se prevén acumulacións superiores aos 5 centímetros de neve por riba dos 1.200 metros. Do mesmo xeito, na zona da Mariña e da montaña de Ourense hai aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora.

Para este mércores 10 de xaneiro, o aviso amarelo mantense durante toda a xornada nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, aínda que se ampliará desde as 12,00 horas a toda a zona sur da provincia ourensá por unha baixada da cota de 1.200 a 800 metros.

Tamén haberá alerta amarela por precipitacións nas provincias de Pontevedra e A Coruña -con acumulacións puntuais superiores aos 15 litros por metro cadrado nunha hora, entre as 9 da mañá ás 3 da tarde-.

MeteoGalicia informa de que a situación mellorará o xoves 11, aínda que se mantén o aviso amarelo por neve nas zonas de montaña de Ourense e Lugo, así como na zona sur da provincia ourensá.

Todas elas rexistrarán acumulacións superiores ao cinco centímeros por encima dos 800 metros ao principio, subindo a 1.000 metros a partir do medio día.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.