Comarcas

@depo_es abre ata o vindeiro 1 de febreiro o prazo de contratación do servizo ‘DepoIntegra Xoven’

Ata o próximo 1 de febreiro, as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para obter o contrato, mediante procedemento aberto, do servizo de formación no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra, “DepoIntegra Xoven”.

O programa, que conta cun orzamento total de máis de 2,5 millóns de euros, ten por obxectivo integrar de xeito sostible no mercado de traballo ás persoas novas-de 16 a 30 anos- desempregadas que non participan nos sistemas de educación nin de formación.

“Depointegra Xoven” tamén ten por obxectivos favorecer a participación das mulleres, das persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social para garantir a non exclusión no programa por motivos sociais, formativos, por razóns de xénero ou lugar de residencia.

En liñas xerais, as empresas que opten ao contrato para a prestación do servizo de formación de “DepoIntegra Xoven” deberán ofertar 27 accións formativas de 17 itinerarios diferentes dirixidos á certificación oficial da súa formación específica e práctica, é dicir, á obtención do certificado de profesionalidade íntegro.

No marco deste proxecto tamén fíxose pública a lista das persoas que presentáronse ao proceso selectivo para as 4 prazas de titores e titoras orientadoras para executar o programa «DepoIntegra Xoven». Concretamente recibíronse 65 solicitudes e o primeiro exame levarase a cabo o vindeiro 4 de xaneiro ás 09.00h nas instalacións do Príncipe Felipe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.