Vigo al minuto

O Concello inicia a tramitación das axudas contra os desafiuzamentos por un importe de máis de 2,5 millóns

O Goberno local aprobou onte o inicio da tramitación administrativa que permitirá outorgar os cheques sociais. Artellados en tres bloques, o programa de axudas de emerxencia está dotado con 842.000€, aos que se suman outros 50.000€ para axudas destinadas á adaptación dos fogares de persoas, que por idade ou por algunha discapacidade, teñan mobilidade reducida.

A esta cantidade hai que sumar 1,6 millóns do programa de axudas extraordinarias para alimentación, subministros e vivenda. En total, segundo o alcalde, as achegas contra desafiuzamentos en Vigo superan os 2,5 millóns.

También te puede interesar