Galicia Sucesos

O condutor dunha ambulancia sofre un accidente na A-55 á altura do Porriño e triplica a taxa de alcol permitida

Axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño denunciaron a fin de semana ao condutor dunha ambulancia que, logo de ter un accidente contra outro vehículo na A-55 e fuxir do lugar, deu o triplo do mínimo permitido na proba da alcolemia.

Galicia Confidencial informa de que a intervención da Garda Civil prodúxose logo de que varias persoas chamasen a Emerxencias informando de que unha ambulancia circulaba facendo zigzag pola autovía A-55.

Logo do accidente con outro coche-do que fuxiu o condutor da ambulancia- os axentes poideron saber que a ambulancia facía o traslado de tres pacientes de diálise desde o Hospital Álvaro Cunqueiro ao Rosal.

O chofer da mesma foi localizado en Tabagón, xa no Rosal, e logo de someterse as probas, deu que triplicaba a taxa de alcol permitida para este tipo de profesionais.

Axiña, a Garda Civil inmobilizou a ambulancia e o seu condutor foi denunciado por superar a taxa de alcol permitido e por «unha falta de respecto e consideración, polo seu comportamento e malos modos durante a realización das probas de alcoholemia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.