Galicia Sucesos

Un morto e 66 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 67 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do pasado venres, día 1, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 3 de decembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 67 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu  nun sinistro, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 59 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros. As ambulancias convencionais acudiron nun accidente.

En 51 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  15   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar