Vigo al día

@abelcaballero cualifica aos responsábeis da Xunta de “neglixentes e incapaces” que queren deixar a Vigo sen auga

O alcalde asegura que á vista do que dixo este luns o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, está claro que “a Xunta de Galicia intenta ocultar a súa neglixencia na xestión da seca na área metropolitana de Vigo, pois hai xa dous meses que vimos reclamando a redución do caudal ecolóxico”. “Nos dan a razón”, explica Abel Caballero tras o axuste do caudal acordado pola Xunta, ao tratarse dunha decisión “que non dana ao río”.

Caballero sinala ademais que no encoro de Baíña -que subministra auga a Baiona e está xestionado polo Goberno galego- “o caudal ecolóxico neste momento é cero”. A este respecto, o alcalde apunta sobre Baiona que, “se a xestión da auga da Xunta de Galicia fora tan boa, non estarían pedindo auxilio a Vigo”, ao tempo que lembra que “as súas propias estimacións publicadas no mes de outubro garantían auga para seis meses”. Conclúe Caballero que se a Xunta de Galicia xestionara a auga de Vigo, hoxe estaríamos sen auga” e censura que “onde eles xestionan vale todo, onde non xestionan nos queren deixar sen auga”.

O alcalde indica que ademais que o goberno de Núñez Feijóo leva “sete anos sen facer o transvase que lle reclamamos” no 2011, ano da última seca importante, e sen embargo “o da Coruña si o fixeron”.

“Aínda así o transvase o paga prácticamente todo Vigo”, engade Abel Caballero sobre a conducción de emerxencia desde o río Verdugo. “Agora vai resultar que Vigo é quen ten que garantir a auga a Redondela, Cangas, Moaña, Soutomaior, Porriño, Gondomar, Mos, Nigrán e Salceda. Son uns neglixentes e incapaces”.

Coa seca, Abel Caballero asegura que a Xunta de Galicia está a “facer política contra a cidade de Vigo, coma sempre”. Por último, o alcalde aclara que a potabilidade da auga de Vigo está “totalmente garantida”.

También te puede interesar