Vigo al minuto

Veciños de Teis piden ao Concello que garanta a seguridade dos veciños de Guixar e impida o paso de camións

A Asociación Veciñal de Teis presentou  un novo escrito no Concello esixindo a Concellaría de Mobilidade a dotación de medidas para garantir a seguranza vial da veciñanza do entorno de Guixar, debido ao paso de camións de grande tonelaxe.

“Desde hai anos a veciñanza da avenida de Guixar e da rúa Julian Estevez, padecen  diariamente o paso de camións de gran tonelaxe, coas molestias que isto provoca. Nos últimos meses tamén houbo na zona un aumento do paso de turismos, para evitar pasar pola rúa Sanjurjo Badía”, sinala a asociación, quen denuncia que os seus representantes levan agardando desde comezos do mes de outubro, para manter unha xuntanza con Carlos Font, concelleiro de Mobilidade.

Os veciños  calculan que de luns a venres pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a avenida de Guixar. “No caso dos camións van con destino aos terreos do porto, ADIF, a empacadora e as parcelas que almacén contedores na zona de Guixar, sen licenza municipal”.

Por isom e de cara a garantir a seguridade vial e evitar molestias piden que se aproben vrias medidas: colocación dun sinal de limitación de tonelaxe na avenida de Guixar, que impida o paso de camións de gran tonelaxe e elevar os pasos de peóns na avenida de Guixar e na rúa Julian Estevez.

También te puede interesar