RGPD - Cookies
Galicia

69 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 69 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres pasado, día 3, e as 12 menos un minuto da noite de onte, domingo, 5 de novembro.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 69 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 64. Así, a ambulancia medicalizada acudiu nun sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 55 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en tres sinistros.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 6   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar