Comarcas

Eventos solidarios a prol de ‘As Neves Zona Cero’ esta fin de semana

A ANPA Eira da Liñaza, en colaboración co Concello de As Neves, organiza o sábado que ven, día 4 de novembro, dende as 5 da tarde, na Praza Maior, un ‘Samaín Solidario’ con ‘As Neves Zona Cero’.

No mesmo haberá agasallos para quen vaia disfrazado, chocolate, castañas, pintacaras e baile do Samaín.

Ademáis, o día seguinte, domingo 5, organizado por ‘Señorío de Rubiños’,ás 12:00h. na Adega Señorío de Rubiós (Bouza do Rato s/n – Rubiós, As Neves) se celebrará unha cata solidaria a prol dos afectados pola vaga de lumes en As Neves. O diñeiro recaudado irá íntegramente á conta «As Neves zona 0» aberta polo Concello de Concello As Neves para canalizar oficialmente as achegas económicas para axudar os damnificados nesta castástrofe.

Durante o evento cataranse varios viños brancos (albariño e condado blanco), tintos (a colección Manuel d´Amaro Espadeiro, Caiño tinto, Sousón e Pedral) e espumosos da adega, acompañados dunha degustación de productos da zona.

Para poder acudir á cata solidaria é preciso: Reservar praza nos números de teléfono: 654 960 109 ou 680 918 122. Ou tamén no correo electrónico: [email protected].

Ingresar 15 € por persoa no número de conta «As Neves zona 0» IBAN: ES92 2080 5434 0830 4011 4499 (Abanca).

O aforo é limitado polo que agradecemos que reservedes con antelación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.