Cultura Galicia

‘Sofía’ e ‘Martín’ os nomes máis frecuentes entre os cativos galegos o ano pasado

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar este venres a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2016, que reflicte que ‘Sofía’ substitúe a ‘Noa’ como o nome máis frecuente para a nenas, mentres que ‘Martín’ se mantén no primeiro posto entre os nenos ao igual que no 2015.

Os nomes de mulleres máis frecuentes no ano 2016 foron o de ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Sara’, ‘Martina’ e ‘Alba’, na súa maioría curtos e de dúas sílabas. Se se compara co 2015, ‘Alba’ desaparece e ‘Daniela’ pasa a estar incluído na lista dos cinco primeiros nomes. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2006, ‘Sara’ é o único que coincide e ademais ocupa a mesma posición.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco nomes máis frecuentes o ano pasado eran ‘Martín’, ‘Mateo’, ‘Hugo’, ‘Lucas’ e ‘Pablo’. A mesma comparativa co 2015 mostra que nese ano, ‘Lucas’ desaparece da listaxe e aparece ‘Daniel’. Con respecto ao 2006, os únicos nomes que coinciden son Hugo e Pablo.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2015 e 2016, tanto no caso das nenas como dos nenos todos os nomes coinciden agás dous. No 2016 suben á lista ‘Julia’ e ‘Lía’ e desaparecen ‘Sabela’ e ‘Iria’; e no caso dos homes, ‘Xoel’ e ‘Anton’, presentes entre os 20 primeiros no 2015, son substituídos por ‘Mario’ e ‘Marco’. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Noa’, ‘Uxía’, ‘Lía’ ou ‘Antía’) como para os nenos (‘Anxo’, ‘Brais’ ou ‘Iago’).

A estatística, que pódese consultar premendo aquí, empezara a publicarse no ano 2015 polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e a través da mesma se podía coñecer, por primeira vez, a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (dende antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia en Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.