Vigo al minuto

O Goberno local ordena o «cese inmediato» do aparcamento de camións e contedores nunha empresa da Avenida de Guixar

O alcalde deu conta este mércores da sinatura da resolución definitiva da declaración de ineficacia da comunicación previa de actividade de ‘Transportes Crespo e Cousido’, desestimando as alegacións da empresa, de xeito que ordena o “cese inmediato da actividade para aparcamento privado de camións e contedores e actividades auxiliares na parcela situada na Avenida de Guixar número 12”.

O goberno municipal prohibe exercer a actividade pretendida e reitera á citada empresa a orde de cese que debe cumprir nun prazo máximo de 48 horas desde a notificación desta resolución.

Abel Caballero explicou que, no caso de que se constate o incumprimento da orde, procederase á súa execución subsidiaria mediante o precintado do establecemento e o corte de subministro dos servizos de auga e electricidade, entre outros.

O alcalde engadiu que, «malia as peticións veciñais de apresuramento», neste procedemento era imprescindible cubrir ben a legalidade da tramitación e respectar os prazos que marca a lei así como facer as notificacións oportunas para evitar unha posible paralización xudicial posterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.