RGPD - Cookies
Cultura Galicia

O paro medra en 2.932 persoas en Galicia e supera de novo os 184.000 desempregados

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego de Galicia subiu en setembro en 2.932 persoas en comparación co mes anterior, o que supón un incremento do 1,62%. En total, ao peche do mes pasado 184.057 galegas e galegos estaban sen traballo.

Segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o número de parados do sector servizos medrou en 2.616 persoas, ata 122.537; e tamén na agricultura, con 360 máis, ata 6.441; e na industria, con 305 máis, ata 21.240.Mentres, o colectivo sen emprego anterior aumentou en 134 parados, de modo que o total ascendeu a 16.406 desempregados.

También te puede interesar