Sucesos Vigo al día

As multas, por sobrevenda de billetes, ás dúas maiores navieiras que viaxan ás Cíes superan os 600.000 €

As dúas compañías xa foron informadas das sancións administrativas impostas desde a Consellería de Medio Ambiente e xa están a elaborar as alegacións que presentarán para rebaixar ou anular as multas. Así mesmo, a Fiscalía dispón dun prazo de 6 meses para avaliar se ve estafa e falsidade.

O ministerio público ten que investigar en qué circunstancias o cupo de 2.200 visitantes diarios, más 800 prazas para o camping, fixado para ir a Cíes superouse o pasado 20 de agosto en 2.000 persoas máis, coma indicaron os  responsábeis do Parque das Illas Atlánticas e a dirección xeral de Patrimonio Natural do Goberno de Galicia.

Logo de poñer en coñecemento esta situación, varias unidades da Garda Civil do Mar impediron que catro embarcacións de dúas navieiras desembarcasen aos seus pasaxeiros nas Cíes, aínda que estaban xa moi preto do seu peirao.

 

También te puede interesar