Galicia Sucesos

56 feridos en accidentes de tráfico nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

ARQUIVO

O 061 asistiu durante a fin de semana a 56 persoas debido a 38 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 22, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 24 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 46 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 38 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 56 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en dous sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 48 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais acudiron en dous sinistros.

En 51 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en  5   ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar