'Qué te cuentas?' Destacados

O Goberno de Galicia anuncia que vén de multar á Fundación Franco con 4.500€ por «problemas» nas visitas a Meirás

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, anuncia que vén de concluír o expediente sancionador aberto aos propietarios do Pazo de Meirás, que conleva unha multa de 4.500€ tras constatar problemas na xestión das visitas ao Ben de Interese Cultural (BIC). O resultado do procedemento foille comunicado xa aos interesados, que agora dispoñen de quince días para presentar as alegacións que consideren oportunas.

A consellería salienta que “cómpre lembrar que o Pazo de Meirás é un BIC de titularidade privada. Como todos os BIC, o seu réxime de protección e acceso está regulado na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia”, que no seu artigo 48 recolle: “As persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre os bens de interese cultural especificamente declarados permitirán a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día”. Pola súa banda, “o incumprimento da obriga de facilitar a visita pública” a este tipo de bens está tipificado como unha infracción leve, cuxa multa varía entre os 300 e os 6.000€

Neste contexto, a consellería asegura que  informou “reiteradamente aos propietarios” que, tal e como figura na dita norma autonómica, é a súa obriga abrir o pazo ao público 4 días ao mes e xestionar, así mesmo, o seu mantemento. Para o suposto de que se detectara algunha anomalía, como ocorreu neste caso, o departamento cultural da Xunta de Galicia debía actuar –como así o fixo– dentro do seu marco competencial co fin último de velar porque sempre se cumpra a lei.

De feito, afirma Cultura nunha nota remitida aos medios de comunicación, “no día de onte abríronse novas dilixencias informativas ante o anuncio da Fundación Francisco Franco de cancelar as visitas ao ben. A Xunta, por tanto, actúa ante calquera posible incumprimento da Lei do Patrimonio Cultural e así o seguirá facendo”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.