Vigo al minuto

@depo_es inviste máis de 162.000€ na reforma do pavillón polideportivo do IES de Beade

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde visitaron este mércores as obras de acondicionamento do pavillón polideportivo do IES de Beade, no que a institución provincial está a investir 162.380€ na reforma dos vestiarios, aseos e reparar a pista.

Carmela Silva subliñou que se trataba doutro dos proxectos herdados do anterior goberno provincial do popular Rafael Louzán, “mal feito, que contiña moito erros graves” e que ademais fíxose mediante un convenio coa Consellería de Educación, asinado o día 3 de xullo de 2015 “cando o señor Louzán xa sabía que a próxima presidenta da Deputación ía  ser Carmela Silva”.

A presidenta lamentou que este proxecto orixinal só contemplaba unha inversión  de 142.083€  e que ademais “como xa nos teñen acostumados, en todos os proxectos herdados da época de Louzán ao fronte da Deputación, non cumpría cos mínimos requisitos técnicos  co cal se tivo que refacer o proxecto e ampliar a financiación”.

Precisamente a este extremo referiuse Silva ao destacar que ese convenio entre a Deputación e o Goberno de Galicia  só contemplaba unha inversión da Administración autonómica de 4.000€ para a redacción do proxecto e, o resto da obra, corría a cargo da Deputación.

Silva tamén recriminou as dúas administracións gobernadas polo PP que non tiveran falado co Concello de Vigo que neste intre “ten asumido a obra de conexión coa rede de saneamento municipal, que no proxecto inicial tampouco esta contemplado”.

A actuación da obra supón o tratamento de 1.000,66 m2 de pista, a 6,36 m2 do aseo correspondente ao vestiario da arbitraxe, a 18,85 m2 nos vestiarios locais e 18,91 m2 nos vestiarios de visitantes, a 3,51 m2 de almacén, a 4,60 m2 do cuarto de instalacións e a 6,89 m2 de cuarto de instalacións. 

A nova pista terá un acabado en parqué industrial de madeira. Os vestiarios reformaranse por completo, incluíndo unha nova cuberta, e cambiando todas as instalacións sanitarias. Tamén se creará un novo aseo accesible. As obras estarán concluídas  en dous meses e medio.

También te puede interesar