Comarcas

O mércores empezan as obras do novo centro de saúde de Gondomar orzamentadas en 2,3 millóns

O Goberno de Galicia comeza o vindeiro mércores, día 6, as obras de construción do centro de saúde de Gondomar, trala adxudicación do contrato, a principios do mes de agosto. Os traballos contan cun orzamento de 2.355.755,70 de euros.

Este novo centro atenderá unha poboación de  10.600 persoas e vai contar con seis consultas de medicina xeral e seis de enfermería.  Ademais haberá unha consulta de matronas e outra sala de educación maternal, unha sala de toma de mostras, outra de espera, unha sala de técnicas e dúas polivalentes.

A área de pediatría contará cunha consulta, unha sala de espera propia, unha consulta de enfermería pediátrica e un aseo. Finalmente, nas zonas de administración e outros usos construiranse unha área de admisión, un arquivo de historias clínicas, dous almacéns, unha sala de caldeiras, outra de estar para o persoal e aseos, tanto públicos como para o persoal. Ademais haberá unha sala de xuntas e biblioteca.

As obras de construción deste novo centro de saúde en Gondomar, contarán cun prazo de execución de 14 meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.