Comarcas

@AsNevesConcello mellorará as zonas deportivas nas Escolas de Liñares e da Chán en Tortoreos

O Concello das Neves acometerá , nas próximas semanas, a reparación da parte exterior da Escola de Liñares, instalando novos elementos no parque infantil e renovando a pista de deportiva, coa súa limpeza, pintado e colocación de novas porterías e canastras.

Na zona próxima de Tortoreos, na escola da Chán, instalaranse compoñentes para o parque biosaudable e novos bancos.

Segundo Óscar González, concelleiro de Benestar, “con estás dúas obras téntase mellorar os servizos dunha zona moi poboada e chegar aos diferentes estratos de poboación, a infantil, mocidade e persoas de máis idade que tamén demandan lugares nos que poder exercitarse para manter un bo estado físico e unha vida activa”.

También te puede interesar