RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

O Goberno de Galicia admite que «existen problemas» en máis de 6.000 puntos de carga de auga para apagar os lumes

A conselleira de Medio Rural, asegurou este venres  que existen «problemas» cos máis de 6.000 puntos de carga do operativo contra o lume en Galicia, porque «parte deles xa non dispoñen de auga».

Ángeles Vázquez subliñou que a seca dificulta o labor do operativo de extinción, o que pasa por levar «un control exhaustivo» nos depósitos, porque «non se poden deixar os puntos sen auga». Vázquez salientou que leva «moito tempo sen chover», con temperaturas altas e humidade baixa e pediu a colaboración de cidadáns e concellos para a prevención.

También te puede interesar