RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Sucesos

O lume arrasa as provincias de Ourense e Lugo nas que arderon xa 1.200 hectáreas

Ainda que caeron as temperaturas e mesmo hai chuvascos nalgunhas partes de Galicia, os incendios seguen activos e xa arrasaron preto de 1.200 hectáreas, en especial nas provincias de Ourense e Lugo.

O lume que empezara a no concello lucense de Folgoso do Courel está estabilizado- non apagado- segundo as información de Medio Rural; tampouco están extinguidos, senón so controladosos dos concellos ourensáns de Chandrexa de Queixa, Castro Caldelas, Monterrei e Montederramo e o de Cervantes, en Lugo.

Dacordo sempre coas informacións oficiais do Goberno de Galicia, o incendio que empezara hai dous días na parroquia de Meiraos, en Folgoso do Courel, queimou unhas 35 hectáreas, e aínda non está apagad; dende onte ás 11 e media da noite está controlado o da parroquia de Queixa, en Chandrexa de Queixa e que se reactivara o xoves , arrasando 369 hectáreas, boa parte delas en Rede Natura.

Na provincia de Ourense, está controlado dende as 2 da mañá deste venres o lume declarado o martes na parroquia do Burgo, en Castro Caldelas, que queimou unhas 265 hectáreas, o mesmo que o de  que propagouse por 384 hectáreas; tamén está controlado-non apagado- o incendio que afecta á parroquia de Marrubio, no concello de Montederramo, e que arrasou xa   42 hectáreas.

Na provincia de Lugo pasa o mesmo cos lumes de Cervantes, que afecta a máis de 100 hectáreas, e o da parroquia de parroquia de Pambre, en Palas de Rei, no que arderon 51 hectáreas.

También te puede interesar