Galicia Sucesos

Membros de equipos de extinción advirten de que os datos de superficie queimada dados por Medio Rural son «moi inexactos»

Un incendio forestal declarado o martes afecta ao concello ourensán de Chandrexa de Queixa, onde queimou, dacordo cos datos de Medio Rural, máis de 20 hectáreas-aínda que fontes dos equipos de extinción aseguran que a superficie arrasada é “moitísimo máis”-, mentres que está controlado este mércores outro lume que calcinou unhas 70 hectáreas no concello lucense de Cervantes.

O Goberno de Galicia indica, ademáis, que quedaron extinguidos nas últimas horas tres incendios nos concellos de Gondomar, na parroquia de Peitieiros, que queimou preto de 40 hectáreas; en Celanova, 16 hectáreas, e en Castelo, no concello lucense de Guntín, que acabou con 23 hectáreas, delas 16 de árborado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.