O concello ourensán de Xinzo de Limia marcou esta madrugada a temperatura máis baixa de Galicia, -0,4 graos en pleno mes de agosto, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Dacordo coa axencia, as temperaturas máximas e mínimas, tanto do mércores coma do xoves, estaban por baixo do que é normal neste mes, mesmo houbo xeadas en lugares que non se alta montaña, aínda que, dacordo coas previsións, nos vindeiros días os termómetros volverán á normalidade.