Galicia

Dúas veciñas de Arbo, vítimas da ‘estafa do avó’, perden 9.000€

Dúas veciñas de Arbo foron vítimas da “estafa do avó”, chegando a efectuar ingresos de 5.300 e 3.700€ logo de que un suposto familiar que decía vivir na Arxentina asegurase ás mulleres que tiña problemas económicos.

Segundo indica a Garda Civil, nos dous casos os feitos son idénticos: ás mulleres recibiron a chamada telefónica dunha persoa que asegura ser un Parente que vive na Arxentina  e que está retido nun aeroporto- nun caso en México e noutro en Madrid-por un tema relacionado co pago de impostos.

Para poder farcerlle fronte a este ‘problema’, pídelle ás mullere que envíen unha determinada cantidade de cartos por medio dunha compañía de servizos financeiros.

A Garda Civil alerta do aumento deste tipo de estafas, en especial a persoas maiores, e aconsella que cando se reciban este tipo de chamadas telefónicas se comprobé, sen dúbida, a  identidade da persoa que chama, a veracidade da súa historia, que non se faga nunca o ingreso do diñeiro que se solicita e que se contacte cos Corpos e Forzas de Seguridade chamando ao 062.

También te puede interesar