Ciencia y Tecnología

Unha cuarta parte dos galegos engorda máis de 5 quilos durante o verán

O 54% dos galegos cambia a súa alimentación durante os meses de verán e o 26% engorda máis de 5 quilos, segundo un estudo realizado por Aora Health no que participaron máis de 300 persoas.

Así, o 22,73% dos enquisados dixo que consumía máis cervexa e refrescos, o 35,45 % aumenta o consumo de xeados e doces, o 5,45% consome máis comidas preparadas e o 36.36% come máis froitas e verduras.

A pesar de que un 55,45% dos enquisados asegurou que realizaba deporte durante o verán, principalmente camiñar, nadar e deportes de auga, iso non evita que aumente o seu peso por uns malos hábitos alimenticios.

También te puede interesar