Comarcas

@ConcelloNigran organiza por segundo ano a concentración de trebellos flotantes ‘Flota Como Poidas’

O Concello de Nigrán asume por segundo ano consecutivo a organización da concentración de «artefactos flotantes» chamada «Flota Como Poidas», que terá lugar o domingo 13 de agosto ás 6 e media da tarde na ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados teñen ata o día 11 para inscribirse, ben na oficina de información cidadá do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e enviándoo a [email protected]g. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 18.00 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis traballado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao «Titanic» da edición.

O ‘Flota como Poidas’ coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén unha actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17.30 horas na Alameda de San Campio).

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.