Galicia Sucesos

92 persoas feridas nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 92 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, 28 de xullo, ata as 12 da noite menos un minuto deste domingo, día 30. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 74 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 61 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 92 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 81. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en seis sinistros,   as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 71 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais acudiron nun sinistro.

En 81 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar