Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@Cmusvigo será o primeiro de Galicia en ofertar a especialidade en Produción e Xestión dende o vindeiro curso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria autorizou a posta en marcha, o vindeiro curso 2017/18, dunha nova especialidade no Conservatorio Superior de Música de Vigo. En concreto, trátase do título superior en Produción e Xestión, que ademais de ser unha novidade para o centro vigués, tamén se trata da primeira vez que se oferta en Galicia. O alumnado poderá matricularse a partir de setembro.

En base ao plan de estudos do título, o alumnado adquirirá coñecementos sobre a planificación e xestión de proxectos relacionados coa música, nalgunhas das súas posibles fases como a creación, a realización, a gravación, a exhibición pública ou a distribución. Entre outras competencias, coñecerá en profundidade o repertorio histórico e o máis recente de diversas prácticas e estilos musicais, cunha especial atención ás tendencias máis recentes no campo da creación e a interpretación.

O conservatorio de Vigo é, xunto co da Coruña, un dos dous únicos conservatorios superiores de música que hai en Galicia. O curso pasado 2016/17 contou con 279 matriculados en 25 especialidades musicais, que o vindeiro ano académico ascenderán a 26 coa incorporación de Produción e Xestión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.